Cine e zumba na tarde-noite de venres en Ponteareas

A concellería de Cultura, dirixida por Hortensia Bautista, ten unha oferta variada para o inicio da fin de semana

IMG-20150716-WA0001O venres 17 de xullo, a partir das 19:30 horas, todos os veciños e veciñas interesadas poden asistir a unha exhibición de zumba e bachata que terá lugar na Praza do Auditorio, en Ponteareas. A actividade corre a cargo de Ponte Ocio e está organizada polo Club Infantil A Rebuleira, da Asociación Ponteareas Comercial.

Contra a noite, a partir das 22:30 horas, todos os afeccionados ao sétimo arte poderán gozar da proxección da película “Vilamor” no parque da Feira Vella. En caso de ocorrencia de choiva, a actividade pasaría a celebrarse no Auditorio Municipal.

Ámbalas dúas actividades enmárcanse no programa de verán deseñado dende a concellería de Cultura do Concello de Ponteareas.