Chega unha nova edición dos Xogos Florais! Colle pluma e papel

Ata o 30 de abril poderánse presentar os traballos por correo electrónico

A Concellería de Cultura, que dirixe Fernando Groba, convida a toda a cidadanía a participar na quinta edición dosXogos Florais que establecerá tres categorías: infantil: de 9 a 13 anos; xuvenil: de 14 a 18 anos e adultos maiores de 18 anos.

Nas bases que se poden consultar na páxina web do concello na pestaña “bases cutura” ou premendo na seguinte ligazón https://ponteareas.gal/servizos/cultura/bases-cultura/ , establécese que os textos deberán ser orixinais e inéditos, escritos en lingua galega e de tema libre.

A extensión mínima será de 14 versos e a máxima de 40 e só se admitirá un poema por participante.

O vindeiro 30 de abril rematará o prazo para presentarse a esta nova edición dos Xogos Florais nos que a poesía sube ao escenario para proclamarse protagonista e brindar a oportunidade a todas e a todos de expresar a nosa creatividade en forma de verso.

Fernando Groba informa que os traballos deben entregarse no correo electrónico departamentocultura@ponteareas.es