Chega a sexta edición da Feira de Oportunidades con importantes descontos para os clientes

A Asociación Comerciantes Tea en colaboración coa Concellería de Comercio presenta a sexta edición da “Feira de Oportunidades” que terá lugar este sábado día 5 de agosto e domingo día 6 de agosto.
Dende as dez da mañá as rúas Esperanza, Oriente e Praza Bugallal acollerán esta nova edición da Feira de Oportunidades que tra-lo éxito do ano pasado volve a rúa con todo tipo de produtos e grandes descontos, dende roupa e calzado, ou complementos a produtos de decoración, deportes, estética, telefonía móbil, óptica ou perruquería estarán ao servizo dos clientes da área metropolitana e de todos aqueles que decidan pasar o día polas rúas de Ponteareas xa que ademais de compras atoparán entretemento para toda a familia con inchables de auga para os máis pequenos.
A Asociación de Comerciantes Tea quere agradecer a participación dos comerciantes e convídaos a seguir participando nesta e noutras iniciativas que axudan a promocionar o comercio dando a coñecer “a ampla variedade de produtos que se poden atopar no comercio de Ponteareas aos mellores prezos e sen ter que coller o coche para ir ás cidades máis grandes coa comodidade de poder facer trocos sen desprazamentos longos e problemas de apartamento”, explica Lina Limeres, presidenta da Asociación de Comerciantes Tea.
Tódolos interesados poderán inscribirse ata o día 4 de agosto no teléfono de contacto 648 43 98 16.
Esa fin de semana ademais, os visitantes podrán desfrutar da I Concentración de Vehículos Clásicos e Históricos do Condado.