Chega a Ponteareas o I Galician Beer Fest

O vindeiro 8 de xullo o Concello de Ponteareas acolle a primeira edición do Galician Beer Fest que nace co obxectivo de ser o referente da cervexa artesanal en Galicia.

Un conxunto de actividades que se levarán a cabo en Ponteareas, nos xardíns do Concello o 8 de Xullo, facendo da nosa vila o epicentro da cervexa artesanal en Galicia tanto desde a súa perspectiva lúdica como formativa.

A Concelleira de Comercio, Inés Vidal, explica que esta nova iniciativa concibes como un evento que aglutina didáctica, dinamización comercial e cultural e unha parte lúdica.

“O Galician Beer Fest quere facer de Ponteareas un referente para tódolos apaixoados da cultura cervexeira ofrecendo aos asistentes charlas con poñentes de fora como Boris de Mesones, Xuíz da Copa do Mundo, ou María Xesús Pena directora do CIFP A Granxa, no que se imparten módulos e asignaturas relacionadas co cultivo e emprego do lúpulo”.

O movemento da cervexa artesanal xorde con forza nos últimos anos como unha maneira de descubrir novos sabores, matices e un coidado sistema de produción radicalmente diferente a cervexa industrial. Un movemento que crece cada ano e no que Galicia xa conta cun importante número de microcervexarías e cervexeiros afeccionados.

Nace o Galician Beer Fest como evento de referencia no que ademais de dar a coñecer todo o que rodea a elaboración e venta de cervexa artesanal, permita promocionar a nosa vila e ser referencia dun movemento apaixoante. A asistencia confirmada das cervexerías artesanais Faxilda, Menduíña, Galician Brew, Saramagal e Nós ofrece unha representación de primer nivel na cervexa artesanal feita en Galicia. Dentro das actividades programadas, haberá un obrador de elaboración caseira de cervexa, música, catas, maridaxe, charlas e o I Concurso Galician Queen, no que a mellor cervexa recibirá o premio de 200 €. Ademáis contarase coa asistencia do Xuíz da Copa do Mundo e Mestre Cervexeiro, Boris de Mesones (Xuiz da copa do Mundo) para falar das técnicas actuais de lupulización. Estará acompañado de Maria Xesús Pena (Directora do CIFP a Granxa) que explicará as posibilidades de formación no centro.
Toda a información está dispoñible na web www.galicianfest.com donde tamén se poderán realizar as incricións para o concurso, obradoiros ou a posibilidade de ser xuíz do I Galician Queen.

 

Programa de actividades comprende
XARDINS DA XIRALDA – PONTEAREAS

11:00.- Apertura do GBF.
11:30.- Taller de Elaboración de Cervexa Caseira.
13:00.- Sesión Vermú
14:30.- Peche do Festival

17:30.- Apertura do Festival
18:30.- Inicio da Cata do I Concurso “GALICIAN QUEEN” GBF.
19:30.- Charlas no Salón de Plenos do Concello
Maria Xesús Pena Fariñas (Directora CIFP A Granxa)
Boris de Mesones (Maestro Cervecero)
20:00.- Sesión DJ – Vinvinlo dj
21:30 .- Entrega de Premios do I Concurso GBF.
22:30.- Concerto LA PATRULLA
01:00.- Peche do GBFFa