Chega o espectáculo “Potenciando Capacidades” ao Auditorio Reveriano Soutullo

O evento está organizado pola Asociación Adapta e terá lugar o vindeiro domingo 29 de novembro ás 18:00 horas

A Asociación de Discapacitados do Condado e A Paradanta organizará o evento “Potenciando Capacidades”, que constará dun espectáculo de danza contemporánea denominado “En mis zapatos”, promovido pola Fundación Igualarte, e da interpretación da obra de teatro “Viaxe a algunha parte” a cargo dos membros do grupo pontevedrés Axóuxere.

Un evento cuxo obxectivo é dobre: recadar fondos para a Asociación Adapta e, asemade, mostrar á sociedade distintas iniciativas culturais integradas por persoas con discapacidade, aproveitando tamén a proximidade do Día Internacional das Persoas con Discapacidade.