Chega a 16ª edición do Trofeo Amizade de natación

presentacion-trofeo-amizadeO vindeiro sábado 11 de abril, no Complexo Álvaro Pino e a partires das once da mañá, terá lugar a décimo sexta edición do Trofeo Amizade de natación. Unha competición organizada polo Clube de Natación de Ponteareas que xa comeza a consolidarse como unha das citas  destacadas dentro do calendario galego.

Desta volta o campionato contará coa participación de 265 nadadores de 13 clubes diferentes e repartidos en tres categorías: alevín, infantil e absoluta. Nesta última paga a pena salientar o concurso de María Vilas, unha nadadora galega que vén de competir no pasado campionato mundial absoluto e que con 18 anos xa representa unha das máis firmes esperanzas da natación española.

Esta edición do Trofeo Amizade foi presentada oficialmente nos xardíns da Casa Consistorial. Un acto ao que acudiron o alcalde ponteareán, Salvador González, o concelleiro de Deportes, Alberto Novoa, a presidenta do CN Ponteareas, Pilar Gallego e o director técnico do clube, Andrés Carrera.