Charlas, saídas guiadas e exposición micolóxica en Ponteareas. Anótate!!!

Tarde de outono e tarde de micoloxía hoxe en Ponteareas. Ás 18:30 comeza no salón de plenos a charla do biólogo Gabriel Pérez Torrón “Non hai cogomelos malos, hai persoas imprudentes”.

Mañá ás 16:30 horas no centro cultural de Arcos, saída polos montes da Picaraña guiada por Gabriel Pérez que tamén é membro do laboratorio de micoloxía da Universidade de Vigo. 

O domingo día 3 de 11 a 20 horas na carpa da Praza Maior, exposición micolóxica.