Charla para nais e pais “A Alimentación na Xuventude”

A concellería de Ensino, Participación Cidadá e Réxime Interior, que dirixe Cristina Fernández, organiza a charla para nais e pais “A alimentación na Xuventude” que terá lugar na sala multiusos do auditorio municipal o vindeiro día 28 de febreiro ás 19:00 horas.

Os relatores Raquel Plana, médico de familia, e Nemesio Boente, enfermeiro do centro de saúde de Ponteareas, falarán de dietas “raras” e alternativas saudables que eviten trastornos psicolóxicos relacionados coa alimentación e trastornos dixestivos en xeral.

Previr formando é un dos obxectivos desta concellería que ofrece diferentes charlas e obradoiros ao longo do ano que cubran as necesidades informativas e formativas de toda a comunidade escolar.

“A tendencia da mocidade a engancharse a dietas de moda pode xerar graves problemas dixestivos, coa fin de informar ás familias de como detectar problemas e correxir dietas carentes de nutrientes queremos ofrecer a información necesaria para evitar recurrir a fórmulas estranas”.