Celeiros agárdate no Carballeira Rock

O concelleiro de Cultura e Lingua, Fernando Groba, convida a toda a cidadanía a participar nunha nova edición do Carballeira Rock. Organizado polo centro cultural de Celeiros,  terá lugar hoxe a partir das 21 horas na que a cea campestre abrirá esta festa da música. A partir das 23 horas Tonhito de Poi, O Caimán do Río Tea e o grupo Our Game encherán de ritmos frenéticos de guitarra, baixos e batería  a parroquia de Celeiros.