Cartel Día da Biblioteca 2014A Biblioteca Pública Municipal de Ponteareas sae aos centros escolares do Concello de Ponteareas, organizando un concurso para conmemorar o Día da Biblioteca (24 de outubro).

Neste caso, o concurso consiste na participación dos nenos de primaria dos centros escolares ponteareáns debuxando sobre un conto que lean na mesma aula. Convócase tres categorías de participacións, baixo unhas bases. Na primeira categoría participarán os nenos de primeiro e segundo curso de primaria os que se dotarán os tres primeiros premios cun lote de libros. Na segunda categoría participarán os nenos de terceiro e cuarto curso de primaria os que se dotarán tamén os tres primeiros premios cun lote de libros, e a terceira categoría participarán os nenos de quinto e sexto de primaria, na que o primeiro premio dotarase cunha tablet e o segundo e terceiro premio cun lote de libros.

O prazo máximo de entrega dos debuxos por parte dos colexios é o 31 de outubro. A continuación expoñeranse os debuxos na Sala Multiusos da Biblioteca Pública Municipal de Ponteareas dende o 5 de novembro ata o 20 de novembro, a cal podrá visitar todo o usuario que o desexe, dende ás 8.00 horas ata ás 21 horas ininterrumpidamente de luns a venres, e os sábados dende as 11 ata ás 14 horas.

O obxectivo desta actividade é fortalecer a autoestima, desarrolar a concentración do neno, incentivar a imaxinación e fomentar a expresión artística, desarrolar a paciencia e a constancia, ademais da distracción, axuda a acelerar o proceso de maduración de cerebro e desta maneira conseguir un mellor desarrolo intelectual do neno…, e sen esquecer, a fomentación da lectura entre os cativos para que se acheguen á biblioteca e a coñezan, ademais de divertirse no seu tempo de lecer.

A animación á lectura é unha das prioridades da Biblioteca Pública Municipal de Ponteareas, así como ás actividades de extensión da biblioteca, de captación, de formación e en definitiva todo o que sexa abrirse ó público en xeral.