Celebra o día de Santa Icía no conservatorio municipal

A concellería de Ensino que dirixe a tenenta de alcalde Cristina Fernández convida a toda a cidadanía a celebrar o día das e dos músicos no conservatorio municipal.

Este venres día 22 a partir das 16 horas o alumnado do noso conservatorio municipal ofrecerá micro actuacións na recepción do centro para que todos e todas as que se acheguen desfruten do día de Santa Icía con moitas melodías, ritmos e sons.