Cea, circuito termal e turismo rural para os premiados en “Bocados de Outono”

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A Concellería de Comercio, Hostelería e Consumo do Concello de Ponteareas, que dirixe Inés Vidal, ven de entregar os tres agasallos aos gañadores dos sorteos que se realizaron entre os clientes participantes na terceira edición de Bocados de Outono.

Co obxectivo posto na participación cidadá Bocados de Outono permitíu aos clientes a votación da tapa gañadora pero ademais premiounos con tres sorteos nos que se agasallou un circuito termal con cea no Balneario Mondariz para dúas persoas, unha cea en A Xanela Gastronómica para dúas persoas e unha fin de semana nunha casa de turismo rural. 

Os gañadores dos tres sorteos foron: Alicia Rodríguez gañadora do circuito termal, Ana Doval gañadora da cea e Berto Vegé que desfrutará dunha fin de semana nunha casa de turismo rural de AGARIMO.

Por primeira vez o sorteo foi retransmitido en directo na páxina de facebook do Concello de Ponteareas e no canal youtube para que tódolos participantes puideran seguilo. Os hosteleiros locais foron os responsables de sacar ao azar as papeletas.

A Concelleira de Comercio salienta a alta participación e a boa acollida desta nova edición de Bocados de Outono, enmarcada na programación da Feira de Outono, e anima a tódolos hosteleiros a amosar as súas habilidades nos fogóns na vindeira edición.