A catedrática da Universidade de Vigo dona Camiño Noia Campos disertou en Ponteareas sobre Bouza Brey

  conferenciaEste xoves pasado, a vida e obra de don Fermín Bouza Brey fíxose eco a través da conferencia impartida por dona Camiño Noia Campos, catedrática de literatura galega da Universidade de Vigo, quen baixo o título “Bouza Brey, colector e cantor de coplas”, ademais de facer un repaso pola vida do homenaxeado, achegoulle ao público asistente a visión máis literaria do autor, tocando todos os eidos literarios que cultivou.

Esta conferencia, presidida polo concelleiro de Cultura do Concello de Ponteareas, Andrés Sampedro Fernández, quixo afondar, como se vén facendo cada ano, nunha parcela máis da obra deste polígrafo, quen ademais de escritor foi etnógrafo ou historiador. Segundo palabras do edil de Cultura, o Concello de Ponteareas aposta decididamente pola difusión e posta en valor dun dos seus ilustres pontearáns a través de distintas iniciativas como é o Premio de Investigación Fermín Bouza Brey ou a  Campaña de achegamento aos escolares de Ponteareas, na que se dá a coñecer a figura de Bouza Brey ao longo do mes de marzo, mes de nacemento do escritor.