A Casa de Galicia de Madrid acolleu a presentación da Festa do Corpus Christi de Ponteareas

Tivo lugar este venres, 8 de abril, e o seu principal obxectivo foi o de dar a coñecer unha declarada de Interese Turístico Internacional dende 2009, como é o Corpus Christi de Ponteareas, ademais dos enclaves turísticos máis importantes do municipio

O acto foi definido polo alcalde ponteareán, Xosé Represas, como “todo un éxito, pois conseguimos sorprender a moita xente coas diferentes virtudes de Ponteareas en moitos eidos, recibindo todo tipo de felicitacións pola presentación e realizando novos contactos que serán de moito utilidade de agora en adiante”

foto3A Festa do Corpus Christi de Ponteareas terá lugar o domingo 29 de maio, xornada na que a procesión do Santísimo Sacramento percorrerá un total de 22 tapices de flores, deseñados e confeccionados polos veciños de Ponteareas durante a noite anterior, e cuxo proceso de elaboración comeza meses antes, coas tarefas de recollida de distintos materiais vexetais que se empregarán e que serán posteriormente desfollados; un labor que cada día reúne a centos de veciños y veciñas nos portais de cada unha das rúas que van ser alfombradas.

O acto de presentación desta edición contou coa asistencia do director da Casa de Galicia en Madrid de delgado da Xunta de Galicia na capital do Estado, José Ramón  Ónega; da directora de Turismo de Galicia,  Nava Castro Domínguez; do alcalde de Ponteareas,  Xosé Represas Giráldez; da concelleira de Cultura e Turismo,  Hortensia Bautista; e do pregoeiro do Corpus Christi 2016, Roi Groba González. Ademais, este acto contou coa presenza de varios pregoeiros do Corpus de edicións anteriores e varios fillos predilectos de Ponteareas.

O director da Casa de Galicia de Madrid foi o encargado de abrir o acto salientando “o colorido e a poesía que residen nesta celebración. A Festa do Corpus Christi é a feesta onde as flores son protagonistas da beleza, á cal se lle suma a arte na que as xentes de Ponteareas saben poñer belleza, mestría y xenio. A Festa do Corpus é a proba do xenio dunhas xentes que combinan a arte e a beleza. Xogar con flores é crear ilusións e adornar a existencia”, engadiu Ónega.

Acto seguido foi o turno da directora de Turismo de Galicia,  Nava Castro  Domínguez, quen fixo unha intervención na que destacou “o total compromiso e apoio por parte da Dirección xeral de Turismo co Corpus de Ponteareas, pois somos conscientes do seu enorme potencial e do seu carácter xenuíno desta festividade”.

Trala máxima representante de Turismo de Galicia, o encargado de cantar as alabanzas desta festa foi o pregoeiro da mesma, o coñecido xornalista de la RTVE, Roi Groba. O presentador do informativo matinal de Deportes na cadea estatal afirmou sentirse “honrado de ser o pregoeiro desta edición dunha festa que representa o máis fermoso distintivo dunha vila na que se atopan as raíces da miña familia”.

Seguiulle a concelleira de Cultura e Turismo do Concello de Ponteareas. Hortensia Bautista remarcou “a autenticidade das alfombras de flores de Ponteareas, froito da colaboración e o traballo de todo un pobo que se une ese día para conseguir unha obra de arte efémera inigualable, en honor do Santísimo Sacramento, e que as diferencian doutras realizadas noutras poboacións de España.”

A presentación concluíu coa intervención do alcalde, Xosé Represas Giráldez, quen destacou “o Corpus como a gran marca de Ponteareas. A arte e o traballo de centos de alfombristas ofrecen ao mundo, na Fiesta del Corpus Christi, día 29 de mayo, a mellor ocasión para visitar Ponteareas e descubrir tamén todos os atractivos turísticos da nosa terra porque Ponteareas é Corpus pero tamén ofrece un percorrido pola historia de Galicia, é capital da música clásica galega, é patrimonio natural e, por suposto, é gastronomía”.

Trala intervención do alcalde de Ponteareas, os asistentes pueideron visualizar un vídeo de la Festa de Interese Turístico Internacional que é o Corpus Christi de Ponteareas xunto aos maravillosos enclaves turísticos dos que pode gozar toda aquela persoa que se cheguee a este municipio do sur da provincia de Pontevedra.