A casa do avó de Tanxarina, premio María Casares 2015 ao mellor espectáculo infantil, estará o próximo domingo 15 de maio en Ponteareas

O Auditorio Reveriano Soutullo de Ponteareas acollerá este domindo, día 15 de maio, ás 19:00 horas, o espectáculo infantil e familiar A casa do avó, a cargo da compañía Tanxarina. Está dirixida a un público familiar e para nenos maiores de 6 anos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Este espectáculo, galardoado no ano 2015 co Premio María Casares ao mellor espectáculo infantil, ponse en escena por Tanxarina, formado por  Eduardo Rodríguez  “Tatan”, Miguel Borines e Andrés Giráldez, os que porán en escena  a obra de siluetas animadas e actores, para un público familiar de nenos a partir dos 6 anos, “A casa do avó”, escrita e dirixida por Cándido Pazó.

Cartel %27A casa do avó%271

A historia céntrase nun neno, Roberto, que recibe unha mala noticia: o seu avó vai quedar sen casa. Ante esta inxusta situación o neno ponse en marcha para atopar unha solución e, nesta procura, dispárase un mundo de pequenas e divertidas aventuras protagonizadas polas máis variadas personaxes. Un encontro cómico e poético que desemboca nun final feliz propiciado polo apoio solidario.

Esta é outra das actividades programadas polo Concello de Ponteareas  dentro da programación do mes de maio  co obxectivo de difundir a lingua e a creación cultural en galego, programada pola Concellería de Cultura e Lecer, Normalización Lingüística e Turismo, coordinada por Hortensia Bautista.