Carreira de orientación no parque do Sobroso

A Concellería de Benestar Social, a través do Voluntariado Municipal de Ponteareas (VOLTEA), organiza unha actividade de orientación e aventura con base educativa sobre temática ambiental e histórica no parque do Castelo do Sobroso.

Con esta actividade o alumnado aprenderá dun xeito entretido e deportivo diferentes aspectos relacionados co medio ambiente do parque do Sobroso.

A actividade realizarase o vindeiro 15 de outubro e está dirixida a rapaces e rapazas de nove a once anos. Por cada dous nenos deberá asistir un adulto que os acompañe. O punto de encontro será o estacionamento da igrexa de Vilasobro ás 10:30 horas. A actividade rematará ás 14 horas aproximadamente. 

A Concellería de Benestar Social convida a obter máis información na oficina de voluntariado ubicada no Centro Social da rúa Oriente ou chamando aos teléfonos 687 764 516 ou 677 525 930.