A carpa Xplora de Xuventude visitou Ponteareas

Nueva imagen 6O concelleiro de Xuventude, Andrés Sampedro Fernández, visitou a carpa Xplora de Xuventude, instalada o pasado día 25 de setembro, onde puido ver de primeira man todos os recursos que desde os programas de Xuventude, da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, se orientan á mocidade galega. Andrés Sampedro valorou moi positivamente esta actividade como unha forma moi axeitada de chegar á mocidade para que coñezan as múltiples posibilidades que se lles ofertan.
Esta carpa informativa tiña como obxectivo informar os mozos e mozas de Ponteareas sobre os recursos e programas dirixidos a este sector da poboación, así como facilitar todo tipo de asesoramento por parte dos técnicos especializados da Rede galega de dinamización xuvenil. Xunto a este carácter informativo, este espazo serve igualmente como un lugar onde a mocidade e as entidades xuvenís poden amosar as actividades e propostas por eles levadas a cabo, servindo de escaparate do talento xuvenil.