Carme Adán falará claro hoxe na sala multiúsos do auditorio municipal

Esta tarde a escritora, filósofa e politóloga Carme Adán visitará o auditorio municipal Reveriano Soutullo para falar claro das violencias machistas e introducirnos no seu libro “Feminicidio:Falando claro de violencia”.

Será ás 18:30 horas na sala multiúsos enmarcada dentro da programación que a concellería de Igualdade que dirixe Verónica Carrera deseñou con motivo do Día Internacional contra as violencias machistas. 

A programación sigue o día 15 de novembro coa proxección e o faladoiro “Tódalas mulleres que coñezo” de Xiana Teixeiro na casa cultural de Arcos ás 19:30 organizada tamén pola concellería a través do CIM.

O luns 18 Baia Fernández ofrecerá unha charla sobre autoestima e o xeito de formala e conservala. Esta charla para nais e pais e para todo a cidadanía interesada será na sala multiúsos do auditorio municipal ás 19 horas organizada pola FANPO.