Canedo acollerá este domingo a actuación do monologuista Fran Rei

O monologuista Fran Rei actuará este domingo día 15 no centro cultural de Canedo dentro da programación de Cultura 24, unha iniciativa que posibilita unha programación estable ao longo de todo o ano nas casas e centros culturais das parroquias.

A “Historia de Brancaflor” chegará a Canedo este domingo ás 19 horas e como tódalas actividades de Cultura 24 que ofrece a concellería de Cultura, que dirixe Fernando Groba, será totalmente gratuíta.