Campaña de nadal da asociación de comerciantes “Tea”

PRENSADe cara ao comezo das Festas do Nadal,  a Asociación de Comerciantes “Tea” ultima  os preparativos necesarios para poñer en marcha, por segundo ano consecutivo, unha campaña comercial atractiva, dinámica e cargada con un  gran  número de premios directos, para aqueles veciños e veciñas que realicen as compras navideñas  nos comercios asociados da localidade Ponteareana.

A  presidenta Lina Limeres e a tesoreira da asociación, Mª Carmen Hernández, acompañadas pola concelleira de comercio, Marisol Valado,   veñen de presentar todas as inciativas que  van a realizar, en colaboración coa concellería, dende o luns 15 de decembre ao 5 de xaneiro do 2015.

A partires deste vindeiro  luns arranca a campaña “as túas compras navideñas teñen premio”, que se realizará en todos os locais asociados e que busca premiar  a fidelidade dos seus clientes, con máis de 40 premios,   entregados para tal fin por os comercios da asociación e que serán sorteados  de entre todos  os clientes, que houberan depositado a  papeleta entregada tras  a compra realizada. Cada persoa só poderá optar a un destes premios, de tal xeito que si sae agraciada máis dunha vez, pasarase a seguinte da lista dos participantes.

Tamén,  de entre os establecementos comerciais e de hostalería do Concello, sexan ou non asociados,  premiarase  “o mellor escaparate decorado e ambientado con motivos de Nadal”. Un xurado formado por persoas alleas ao municipio, recorrerán as rúas, para determinar cal  é o que mellor reflexa estas festas. O xurado terá en conta aspectos como a iluminación, exposicións de produtos, orixinalidade, ….

De cara a entablar lazos de colaboración e apoio  entre os diferentes sectores empresariais, tamén se pon  en marcha, por primeira vez, unha campaña co sector de taxistas de Ponteareas. A campaña chamada  “usar o transporte público en Ponteareas ten premio”, busca agasallar,  tanto  dende este sector, como dende a asociación e a concellería,   o uso do transporte público por parte dos veciños e veciñas. Entregarán a

todos os pasaxeiros unha papeleta, que unha vez cuberta, lles permitirá participar no sorteo de tres premios, donados polos comercios asociados.

Pero a iniciativa estrela da asociación Tea, para estas datas, é a  celebración, na Praza Maior, dun “Mercadillo Navideño” o domingo 21 de decembro, ao longo de todo o día e na que poderán participar comercios locais, que estean dados de alta como ambulantes e paguen a taxa municipal  correspondente, ademais de todos os vendedores ambulantes periódicos que decidan asistir a dito mercadillo. Amenizado tamén con  premios directos, entre os clientes da asociación Tea, ademais de postos de venda de castañas, filloas, ……..

Para clarexar calquera dúbida e  que estean interesados en participar, nalgunha das campañas, poderán ter máis información nos teléfonos da asociación Tea 648439816 e da concellería de comercio 618705642.