Campamentos polideportivos Principe Felipe 2015

CARRUSEL-POLIDEPORTIVOA Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) do Concello de Ponteareas dependente da Concellería de Xuventude, informa que ata o 1 de abril está aberto o prazo de solicitude para os campamentos polideportivos Principe Felipe 2015 organizado pola Deputación Provincial de Pontevedra.

Este campamento esta destinado a rapaces nacidos entre o 2001 e o 2008 ( ambos os dous incluidos ) co seu domicilio habitual nalgún concello da provincia de Pontevedra. O prezo é de 125 € e as quendas son as seguintes:

1.-Primeira quenda: do 6 ó 11 de xullo
2.-Segunda quenda: do 13 ó 18 de xullo
3.-Terceira quenda: do 20 ó 25 de xullo
4.-Cuarta quenda: do 3 ó 8 de agosto
5.-Quinta quenda: do 10 ó 15 de agosto
6.- Sexta quenda: do 17 ó 22 de agosto

As persoas interesadas en  solicitar máis información, poden facelo na Oficina Municipal de Información Xuvenil, situada nas instalacións da Biblioteca Pública Municipal, no teléfono 672 10 54 68 ou no enderezo de correo electrónico omix@ponteareas.es