A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) do Concello de Ponteareas, dependente da Concellería de Xuventude, que dirixe Andrés Sampedro Fernández, quere poñer en coñecemento de todos os interesados/as que ata o vindeio 1 de abril estará aberto o prazo para participar nos campamentos de verán que organiza a Deputación Provincial de Pontevedra e que se desenvolven na Lanzada. Nestes campamentos poderán participar todos os rapaces nacidos entre os anos 2002 e 2007, ambos os dous incluídos.
As estadías serán de seis días e as quendas comenzarán a desenvolverse o 21 de xuño para, de xeito ininterrompido, celebrarse ata o día 5 de setembro. O custo será de 83,60 € por participante. As persoas interesadas en solicitar máis información poden facelo na Oficina Municipal de Información Xuvenil, situada nas instalacións da Biblioteca Pública Municipal, no teléfono 672 10 54 68 ou no enderezo de correo electrónico omix@ponteareas.es