Campamento de verán A Lanzada

p6c10f1A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) dependente da Concellería de Xuventude, quere poñer en coñecemento de todos os interesados/as que ata o vindeiro 28 de marzo estará aberto o prazo para participar nos campamentos de verán que organiza a Deputación Provincial de Pontevedra e que se desenvolven na Lanzada. Nestes campamentos poderán participar todos os nenos e nenas censados en Ponteareas e que nacerán entre os anos 2001 e 2006.

As estadías serán de seis días e as quendas comezarán a desenvolverse o 22 de xuño, para de xeito ininterrompido, celebrarse ata o día 6 de setembro. O custe será de 83,60 € por participante. Ata o 28 de marzo poderanse tramitar na Oficina de Información Xuvenil (OMIX) as solicitudes para obter unha praza nos campamentos de verán  que organiza a Deputación Provincial de Pontevedra e que se desenvolven na Lanzada .  As persoas interesadasen en solicitar máis información, poden facelo na Oficina Municipal de Información Xuvenil, situada nas instalacións da Biblioteca Pública Municipal, no teléfono 672 10 54 68 ou no enderezo de correo electrónico omix@ponteareas.es