Camiñada pola Senda Milenaria esta fin de semana

verán 2014-cartelDurante esta fin de semana os practicantes e amigos do sendeirismo terán unha cita en Ponteareas, o venres, día 1 de agosto, e o domingo, día 3 de agosto.

Todas aquelas persoas que queiran gozar da natureza, descubrindo unha paisaxe fermosa, facer deporte e coñecer parte do patrimonio cultural de Ponteareas, teñen unha cita obrigada nunha camiñada pola chamada “Senda milenaria”. Esta andaina ten un percorrido de 12 quilómetros e visitarase o Castro de Troña, o Castelo de Sobroso, A Picaraña e o Convento de Canedo. As saídas faranse o día 1 de agosto, venres, ás 22:00 horas, e o domingo, día 3 de agosto, ás 08:00 horas. Para levarse a cabo esta actividade, deberase contar cun mínimo de 5 participantes. A información e inscrición farase na Biblioteca Pública Municipal de Ponteareas, en horario das 7:30 ás 14:30 horas, ou no teléfono 672 105 468, onde recibirán a información precisa.