Cambio na velocidade das estradas convencionais

A concellería de Seguridada Cidadá e Mobilidadade do concello de Ponteareas informa que dene onte martes 29 de Xaneiro a velocidade xenérica das estradas convencionais queda establecida en 90km/h. Deste xeito dase cumprimento á modificación que o Consello de Ministros realizou do artigo 48 do regulamento xeral de circulación coa finalidade de reducir a sinestralidade viaria.

Sete de cada dez accidentes con vítimas teñen lugar nestas estradas, sendo a velocidade pouco axeitada a causa no 20% dos accidentes de tráfico. 

“Moderar a velocidade reduce o número de accidentes e de vítimas. Unha menor velocidade implica unha menor lesividade en caso de accidente”, explica Vanesa Fernández, concelleira de Seguridade Cidadá e Mobilidade.

Para calquera aclaración que precisen poden contactar coa Policía Local, ben nas dependencias no Parque das Pombas, ou no teléfono 618 705 626 ou 986 60 00 50.