A “novela viva” preséntase en Ponteareas

Q55A8184Ven de presentarse no concello, a “novela viva”, un proxecto promovido pola concelleira de servizos sociais-atención primaria, Marisol Valado e que sae a luz despois de dous anos de traballo, dende o seu nacemento, no centro Ponteareán de de disminuidos psíquicos, Asprodico.

O acto, asistiron o alcalde Salvador González e a deputada provincial Marta Iglesias, acompañados de varios representantes da corporación e dos centros de disminuidos psíquicos, que participaron na autoría da novela, ademais dos principais protagonistas do acto e autores da mesma, que en todo momento, estiveron arroupados polos  usuarios de Asprodico, o seu equipo técnico-docente e os monitores e alumnos, dos centros colaboradores deste proxecto itinerante: San Rafael de Vigo, Aceesca-Porriño, San Xérome Emiliani de A Guarda, Juan XXIII de Pontevedra e o centro Juán María de Nigrán.

O alcalde Solla felicitou aos autores, destacando “a súa imaxinación, creatividade e ilusión”.

A novela,  narra en tono de humor, as peripecias de Angelina Morgan e Currito Soria, tratando de desmitificar as discapacidades.

Pola súa banda, a concelleira Valado, agradeceu os apoios recibidos, para culminar este proxecto de novela “viaxeira”. “Síntome  orgullosa, de ver como a creatividade e aportacións dos alumnos dos centros lle deron forma. Mentres uns escribían, outros debuxaban ou pintaban, e outros consensuaban os diálogos”.

A novela,  foi editada pola Deputación Provincial, e a partir de agora fará outro itinerario de presentación polos distintos centros educativos de Ponteareas, nos que os alumnos, do centro Asprodico explicarán como se creou.

“Esta iniciativa non vai a quedar illada”, destaca Valado,  xa que se pretende crear outra novela, que dende o centro de disminuidos psíquicos Asprodico, iniciará outro “viaxe”, por centros de disminuidos de toda Galicia.

O acto contou coa animación do cantautor Ponteareán Carlos Sampedro e a finalización do mesmo ofreceuse aos asistentes un aperitivo.