Brincamos pechou a súa primeira edición cun éxito total de asistencia

A actividade, organizada pola Concellería de Ensino, fixo que o alumnado e as súas familias desfrutaran dunha xornada de xogos populares e tradicionais nas Prazas de Ponteareas.

IMG_3283O pasado 28 de setembro, a Concellería de Ensino, que dirixe Cristina Fernández Davila,  celebraba a primeira edición de “Brincamos”, que consistiu nunha xornada na que o alumnado dos Centros Educativos da vila foron convidados xunto cos seus pais e avós a pasar a tarde disfrutando dos xogos populares e tradicionais que organizaron para eles en colaboración con profesorado e rapaces e rapazas voluntarios que presentaron as distintas actividades para lecer de grandes e pequenos.

Algúns destes xogos estaban esquecidos para a moitos dos asistentes, e con outros os avós fixeron demostracións de como se xogaba, este foi o caso dos aros.

IMG_3176

“É importante que non se perda o uso dos xogos populares e tradicionais, amáis de recuperar a rúa para o xogo das nenas, nenos e xuventude, hoxe en día, moi enfocados no mundo dixital”, salienta a concelleira Cristina Fernández. “Foi un gran descubrimento para a xente nova a liberdade que proporcionou poder usar a Praza Bugallal maila Praza Maior non so para o desfrute dos xogos populares, se non que se achegaron subidos aos seus patinetes, skates e patíns, facendo súa a rúa”, engade. Desde a Concellería agradece o traballo e entusiasmo do profesorado e alumnado de secundaria, por colaborar coa iniciativa promovida dende o Consello Escolar Municipal, recuperando así para a veciñanza este patrimonio común a todas as xeracións.