O concelleiro de Deportes, Benito Márquez, no nome de todo o goberno deséxalle ao xogador do Club Escola de Billar Sportivo, Brais Pino, unha boa viaxe e moito éxito no Campionato do Mundo de Billar categoría amateur no que participará do 23 de maio ao 3 de xuño.
O ponteareán Brais Pino xa fixera a súa primeira incursión nas Vegas hai quince anos e agora repite para facerse cos primeiros postos en bola 8, bola 9, parellas e equipos, categorías nas que competirá.
Xunto aos lucenses Fran Doval e Raúl Esmorís e aos mallorquíns Manuel Montejo e Carlos Gómez participará en equipo para representar ao estado español.
Brais Pino é o actual subcampión galego absoluto bola 9, foi campión galego en individual e en equipo e campión de España en equipo.