Bolsas para sacar os carnés de conducir de camión e incorporar mulleres ao sector do transporte

Bolsas para sacar os carnés de conducir de camión e incorporar mulleres ao sector do transporte

A Concellaría de Formación e Emprego avisa da apertura do prazo de solicitude das becas WoMAN de MAN Truck & Bus Iberia

A Concellaría de Formación e Emprego, que dirixe Vanesa Fernández, informa da apertura de prazo de solicitude para optar a unha das bolsas de formación WoMAN da marca de camións e autobuses MAN Truck & Bus Iberia, unha iniciativa a través da que se ofrecen dez becas para a formación e capacitación de mulleres, reorientando a súa carreira profesional ao sector do transporte.

Trátase dunha axuda directa que subvenciona o 70% dos custes para sacarse o carné de conducir C (tractora + trailer) ou E (ríxidos) e o Certificado de Aptitude Profesional (CAP), así como dun programa de seguimento e apoio da man de persoas expertas ao longo de toda a formación.

Fernández anima a todas as mulleres interesadas en sacar o carné de camión a presentar a súa solicitude de bolsa a través da web da empresa e dar o salto a este sector no que as mulleres representan só un 14% de todas e todos os profesionais de Europa. O 28 de maio remata o prazo de presentación do currículo, da carta de motivación e do formulario.