A Biblioteca Pública Municipal de Ponteareas organiza varias actividades para conmemorar o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro (24 de febreiro 1837).

rosaliaHoxe, 24 de febreiro, abre a exposición cos debuxos e as poesías, do concurso que se organizou cos centros escolares ponteareáns para conmemorar dita data coa participación dos nenos de primaria, na Sala Multiusos da Biblioteca Pública Municipal de Ponteareas ata o 5 de marzo, a cal podrá visitar toda persoa que o desexe, dende ás 8.00 horas ata ás 21 horas ininterrumpidamente de luns a venres, e os sábados dende as 11 ata ás 14 horas.
Ademáis na Sala Multiusos da biblioteca, haberá a disposición de todo o usuario e as persoas que se queiran achegar a biblioteca, varias obras de Rosalía de Castro para realizar a lectura aberta de fragmentos ou capítulos de ditas obras.

O próximo venres 27 de febreiro, pola mañá, haberá tres visitas escolares do colexio Nosa Señora Virxe dos Remedios que se achegaran para visitar a exposición do concurso na cal participaron e dar a coñecer ós seus alumnos a biblioteca. E, pola tarde, tamén na Sala Multiusos da biblioteca, haberá un recital especial vida e obra de Rosalía de Castro a cargo de Carmeliña García e Xan Dacosta ás 20:30 horas.
Tamén queremos salientar que, para conmemorar este día, está pendurada unha pancarta conmemorativa co rostro e fragmentos de Rosalía de Castro na fachada da Biblioteca Pública Municipal de Ponteareas e tamén agasallaremos con un marcapáxinas con versos de Rosalía de Castro, a todo o usuario que se achegue pola nosa biblioteca.

O obxectivo desta actividade é fortalecer a autoestima, desarrolar a concentración do neno, incentivar a imaxinación e fomentar a expresión artística, desarrolar a paciencia e a constancia, ademais da distracción, axuda a acelerar o proceso de maduración de cerebro e desta maneira conseguir un mellor desarrolo intelectual do neno…, e sen esquecer, a fomentación da lectura entre os cativos para que se acheguen á biblioteca e a coñezan, ademais de divertirse no seu tempo de lecer.

A animación á lectura é unha das prioridades da Biblioteca Pública Municipal de Ponteareas, así como ás actividades de extensión da biblioteca, de captación, de formación e en definitiva todo o que sexa abrirse ó público en xeral.