A Biblioteca pública e as axencias de lectura contarán cun novo sistema de xestión bibliotecaria

A Biblioteca Pública Municipal e as axencias de lectura de Areas, Guillade, Ribadetea e Xinzo, están iniciando o proceso de implantación do KOHA, un novo sistema de de xestión bibliotecaria.
Este proxecto, no que nesta fase se incorporan setenta bibliotecas de Galicia, ten un dobre obxectivo: por unha banda a creación dun catalogo colectivo e, por outra a creación dun carné de lector único válido para todas as bibliotecas públicas. Estes obxectivos permiten a unificación de todos os servizos que se ofrecen.
A partir da integración, os usuarios disporán dun carné único que permitirá acceder aos servizos de todas as bibliotecas galegas integradas neste programa
Por iso, rogamos aos socios da rede de bibliotecas do concello de Ponteareas, tanto adultos como infantís, que se acerquen ás bibliotecas para proceder actualización dos seus datos.
Como socio da rede de bibliotecas públicas de Ponteareas podes gozar dos seus servizos tales como actividades de animación á lectura para os máis cativos, relatorios, exposicións, acceso wifi, hemeroteca…
A concelleira de Cultura e lecer, Hortensia Bautista, invita a todos os veciños de Ponteareas, a achegarse á rede de bibliotecas de Ponteareas e a gozar este verán co pracer da lectura, escollendo entre un catálogo que ascende aos 40.000 libros entre os fondos de todas as bibliotecas.