A Biblioteca organiza unha exposición fotográfica coas suxestións dos seus lectores e do resto da veciñanaza

Biblioteca-Municipal-5A Biblioteca Municipal de Ponteareas organiza, dentro da programación prevista para a Semana Internacional do Libro, unha exposición fotográfica coas propostas e suxestións ofrecidas polos lectores da propia Biblioteca e tamén do resto da veciñanza.

 

A iniciativa fai parte do programa deseñado pola concellería de Cultura que xestiona Hortensia Baustista para o mes de abril en Ponteareas e ten como principal obxectivo plasmar as razóns polas que os lectores e as lectoras gustan dun determinado libro, as cales poden ser infinitas.

 

Todas as persoas que desexen participar deben enviar as súas respectivas fotografías, acompañadas dunha frase explicativa, ao enderezo electrónico bibliotecamuseo@ponteareas.es antes do vindeiro 20 de abril. Con todas as fotografías recibidas levarase a cabo unha exposición o venres, 22 de abril, na Praza Perrillana. O Día Internacional do Libro terá lugar o próximo 23 de abril.