A Biblioteca Municipal organiza unha visita guiada ao Museo de Ponteareas

Dentro da programación de verán organizada pola Concellería de Cultura, coordinada por Hortensia Bautista, ofrece esta actividade que terá lugar o xoves día 21 de xullo, ás 11:00 horas.

O Museo Municipal articulase por épocas e temas: a prehistoria de Ponteareas e comarca, dende época paleolítica á romanización. Nela tópanse, principalmente, materiais procedentes do xacemento arqueolóxico do Castro de Troña pertencente á cultura galaico-romana. Destacan tamén nesta área o petroglifo de Chan de Gándara e unha pequena colección de bronces de Coto de Altamira – Taboexa (As Neves) coa figura dun togado.

Da época medieval distinguese a pila bautismal de notables proporcións e ben conservada, pertencente ao estilo románico.

A parte de historia contemporanea esta dedicada, fundamentalmente, aos importantes persoeiros nados en Ponteareas, que destacaron en distintos ámbitos da vida politica, social e cultural. Así no eido politico, cómpre destacar a Amado Garra Castellanzuelo, Gabino Bugallal, e Isidoro Bugallal Araujo; no campo das letras hai que facer mención a Manuel Domínguez Benavides, Fermín Bouza Brey ou Alfredo Pedro Guisado; e mesmo no musical a Reveriano Soutullo, e artistas como Vidalés Tomé, Antono Medal, Rogelio Lorenzo ou Afonso Quinteiro.

Aqueles que desexen mais información para asistir a esta visitas guiada poden chamar ao teléfono 672105468.