A biblioteca municipal de Ponteareas celebra o día internacional do libro infantil e xuvenil

libro_infantilA Biblioteca Pública Municipal de Ponteareas organiza, no mes de abril, diversos actos para conmemorar o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil e o Día Internacional do Libro, na Sala Multiúsos dá biblioteca.

O 3 de abril, para celebrar o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, haberá unha lectura aberta para todos os nenos e pais que se acheguen á biblioteca a partir das 18:00 horas.

A Biblioteca Pública Municipal de Ponteareas súmase aos actos de celebración convocando para todos os nenos/as un contacontos, no que poderán participar os pais se asi o desexan lendo un conto de Hans Christian Andersen.

O contacontos  estará adicado a nenos con idades comprendidas entre os 4 e os 10 anos e terá lugar na sala de usos múltiples da Biblioteca Municipal,  o xoves ,  día 3 de abril, as 18,00 h.