A Biblioteca Municipal celebra o Día do Libro

A Biblioteca Pública Municipal de Ponteareas organiza, o 20 de abril ás 18:00 horas, unha actividade  dedicada especialmente aos nenos e nenas con idades comprendidas entre os 4 e os 12 anos titulada  “O neno que quería ser mago” de Javier Muro.

A Biblioteca Municipal de Ponteareas, dependente da Concellaría de Cultura, que dirixe Hortensia Bautista, súmase así á celebración do Día do Libro.

Esta actividade está englobada no programa Ler conta moito. Fantasía e maxia mestúranse para facer gozar aos nenos e nenas de intres moi agradables, onde se tenta espertar o interese pola lectura nas pícaras e pícaros.

O espectáculo ten formato de contacontos co valor engadido de estar ilustrado con maxia, xa que, ao longo do conto vanse sucedendo efectos máxicos relacionados coa  historia que se está a contar.