Benvidos a Seraogna!

O Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, e a concelleira de Cultura e Turismo, Hortensia Bautista, presentaron o libro “Blasfemias de silencio (de Seraogna aos Balcáns” do ponteareán Alfonso Pexegueiro.

Este primeiro libro que se enmarca na colección “Creadores Ponteareáns” que irá vendo a luz para por en valor o traballo creativo de moitos e moitas ponteareás é un poemario testemuño da renovación poética dos setenta que agora poderemos ler en edición revisada e correxida con introducción e notas de Luciano Fernández Martínez e tres apéndices do propio poeta. 

Este poemario, Seraogna, que veu a luz en maio do ano 76 co selo de “Rompente”, chega hoxe as mans de todos os que naqueles anos non puideron gozar das nosas letras.

Seraogna supón un discurso lírico de grande riqueza artística e profundamente enraizado coa terra, coa clase traballadora, coa loita pola patria e coas vivenzas íntimas naquel entorno social. 

A presentación do libro acompouse dun roteiro literario por algún dos máxicos lugares de Seraogna que parte da igrexa parroquial de Angoares e que dende esta fin de semana está indicado cunha sinalización.