BANASTRA co apoio e colaboración da concellería de Promoción Económica organiza o obradoiro “Viste o teu negocio no nadal” destinado a hostaleiros/as e a comerciantes totalmente gratuíto. Dende ás 16:30 do día 18 ata as 19:30 reuniránse en Casa Ferreira para aprender técnicas que melloren a primeira impresión da clientela, para aprender novas tendencias na decoración dos seus locais, para deseñar menús especiais e recibir ideas para agasallar sempre co obxectivo de atraer e satisfacer as expectativas do cliente.
Todas as e os hostaleiros e comerciantes interesados en participar deberán porse en contacto por whatsApp no número de teléfono 682 824 605.