Baia Fernández volve á sala multiúsos do auditorio este luns día 18

A Federación de Anpas de Centros de Ensino Públicos Condado-Paradanta e Louriña (FANPO) en colaboración coa concellería de Ensino que dirixe a tenenta de alcalde Cristina Fernández convida a tódalas familias a unha nova charla dentro do ciclo programado para este curso escolar. Nesta ocasión a comunicadora Baia Fernández volverá visitar a sala multiúsos do auditorio municipal para falar da autoestima. Será o luns 18 ás 19 horas.

Baia Fernández facilitará técnicas e costumes que axudarán a xerar autoestima e tamén ideas e ferramentas para conservala.

Todas as familias que o precisen poden beneficiarse do servizo de canguraxe que se ofrece na entrada principal do auditorio municipal e para o que deben anotarse no númeo de teléfono da FANPO 694 406 886.