Bádminton solidario en favor do centro de reparto de alimentos

O Concelleiro de Deportes, Benito Márquez e o Presidente do Club Bádminton Ponteareas, Victor Lemos, presentaron esta semana o II Torneo Solidario de Bádminton do Concello de Ponteareas.

O domingo 23 de Decembro de 9:00 a 14:00 horas celebrase no pavillón municipal Álvaro Pino de Ponteareas o II TORNEO SOLIDARIO DE BÁDMINTON DO CONCELLO DE PONTEAREAS organizado polo Club Bádminton Ponteareas en colaboración co Concello de Ponteareas, a Diputación de Pontevedra, Deportes Carlos Miguel, Pixeralia, Frutas Santy e Rosquillas Ancla.

O Club Bádminton Ponteareas, apoia o deporte solidario e non competitivo.
Preto de 100 deportistas representando a diferentes entidades do Condado Paranda e Baixo Miño disputarán o Torneo Solidario na modalidade de individual e nas categorías de sub-11, sub-13, sub-17 e absoluta.
As inscricións son gratuitas, só e necesario achegar voluntariamente produtos de comida non perecedoira a favor do Centro de Reparto de Alimentos da Concelleria de Servicios Sociais do Concello de Ponteareas.
Nas diferentes categorías farase entrega de medallas, ademais de avituallamento para todos e sortearánse agasallos entre os asistentes.


O concelleiro de Deportes, Benito Márquez, felicitou ao Club Badminton Ponteareas “por organizar un evento coma este, con carácter social, e máis nas datas nas que estamos. Do mesmo xeito quero agradecerlle a labor de difusión que fan dun deporte minorizado como é o bádminton, que en Ponteareas ten unha grande canteira que non sería posible sen a boa organización da directiva que está detrás”.

Inscricións: cbponteareas@yahoo.es ou no teléfono 609 927 471
“Estades todos convidados a participar ou asistir como público para disfrutar deste deporte en auxe”, engade Víctor Lemos.