Bádminton e xadrez escolar esta fin de semana en Ponteareas

xogade-xadrez-badmintonO Concello de Ponteareas acollerá dous campionatos provinciais escolares a vindeira fin de semana enmarcados dentro da campaña de actividade lúdico deportiva XOGADE (Xogos Galegos Deportivos en Idade Escolar) promocionada e financiada pola Xunta de Galicia.

O primeiro deles é un campionato de xadrez que se celebrará o venres 15 de maio a partir das 16:00 horas no CEIP Mestre Ramiro Sabell de Ponteareas. Trátase dun torneo organizado polo Clube Xadrez Ramiro Sabell.xadrez-xogade

O segundo é un campionato bádminton que terá lugar o vindeiro sábado 16 de maio no Complexo Deportivo Álvaro Pino a partir das 09:00 horas. Trátase dunha competición organizada polo Clube Bádminton Ponteareas.badminton-xogade

Ámbalas dúas competicións contan coa colaboración do Concello de Ponteareas e foron presentadas este mediodía nos Xardíns da Xiralda en presenza do concelleiro de Deportes, Alberto Novoa, do director técnico do Clube Bádminton Ponteareas, Víctor Lemos, do director do CEIP Mestre Ramiro Sabell, José Antonio Gómez, da adestradora do Clube Xadrez Ramiro Sabell, Yudania Hernández  e do Xefe do Servizo Provincial de Deportes, Daniel Benavides.