A Axencia de Lectura Municipal de Areas celebra o Día do Libro coa actividade “Mariña. Contos nados no mar”

Dirixida a todo o público, terá lugar o martes 18 de abril, ás 18 horas.

 A Axencia de Lectura Municipal de Areas, dependente da Concellería de Cultura e Lecer, que dirixe Hortensia Bautista, súmase á celebración do Día do Libro coa actividade “Mariña. Contos nados no mar”, o 18 de abril a partir das 18.00 horas. Unha actividade desenvolvida por Raquel Queizás, co fin de lembrar a importancia de ofrecer a todas as nenas e nenos libros de calidade que esperten a súa imaxinación e os axuden a medrar como lectores e como persoas. É un contacontos gratuíto e está pensado para todo o tipo de público.

Esta actividade está englobada no programa Ler conta moito, programa de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas promovido pola Secretaría Xeral de Cultura, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, en colaboración coas entidades locais.