AVISO: Restablecida a zona azul tras a incidencia técnica cos parquímetros

O Concello informa que xa está restablecido o servizo nos parquímetros das rúas con zona azul gratuíta de Ponteareas, que estiveron dóra de funcionamento durante unhas horas por causas alleas ao Concello. A empresa prestadora do servizo comunicou ao Concello a resolución das incidencias técnicas que afectaron ao servizo en todo o Estado e que impediron a correcta emisión dos tickets de estacionamento.