Autobús gratuíto para asistir á manifestación en defensa da sanidade pública

A concellería de Saúde do Concello de Ponteareas informa que este domingo haberá un autobús gratuíto para todas aquelas e aqueles que queiran asistir á manifestación en defensa da sanidade pública en Santiago de Compostela. Así o aprobou a maioría da Corporación Municipal no pasado Pleno, sen ningún voto en contra.

 

O autobús sairá ás 10 horas de diante da Casa do Concello este domingo día 9 de febreiro, e regresará a Ponteareas ao remate da manifestación. As e os que queiran asistir deben anotarse chamando ao teléfono da biblioteca pública municipal: 986 66 07 65