O Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, consegue o compromiso de Augas de Galicia para participar conxuntamente coa Confederacíón Hidrográfica e o Concello no convenio entre as tres administracións para a ampliación da depuradora de Ponteareas nunha reunión mantida esta semana en Santiago de Compostela coa Directora da entidade, Teresa Gutiérrez.
Acompañado dos técnicos dos dous organismos, Represas trasladoulle á nova directora as prioridades de actuacións en Ponteareas, investimentos polos que a veciñanza leva agardando décadas como o grave problema de insuficiencia da EDAR da Moscadeira para tratar todo o caudal que recibe ou a falta de colectores e de tratamento de boa parte das augas residuais de Ponteareas.
Teresa Gutiérrez compartíu co Alcalde a prioridade das actuacións na EDAR que pasan por asinar un convenio entre as tres partes (Confederación Hidrográfica, Concello e Xunta de Galicia a través de Augas de Galicia).
No encontro acordaron avanzar na tramitación dun convenio que supón un compromiso económico por parte de Augas de Galicia de 900.000€, cantidade igual á aportación do concello, pondo a Confederación Hidrográfica Miño-Sil o restante 60% do custe total de 4.500.000 €
No encontro tamén participaron representantes da plataforma veciñal de Ribadetea e tratouse outra das actuacións urxentes como a rede de saneamento desta parroquia, comprometéndose Teresa Gutiérrez a realizar o proxecto integral de Ribadetea.
No pleno do pasado mes de setembro xa foi acordado por unanimidade da Corporación a proposta de redacción dun proxecto de saneamento integral para a parroquia de Ribadetea.
O Alcalce de Ponteareas considera imprescindible esta actuación ao tratarse da parroquia con maior concentración de poboación e destacou a necesidade de actuar na totalidade da zona, tal e como concordou coa veciñanza nas reunións mantidas.
O primeiro plan director de saneamento integral de Ponteareas xa prevé as obras necesarias para levar as augas de Ribadetea, Arcos, Fontenla e as de outras pequenas zonas á actual EDAR.
Este plan director realizarase seguindo as determinaciós técnicas da Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS) e coordinarase cos traballos que xa desenvolve este organismo no casco urbano de Ponteareas coa redacción do proxecto “Enxeñerías para o estudio de alternativas e a redacción de sendos proxectos para a mellora do saneamiento do casco urbano e aglomeracións limítrofes de Ponteareas e da EDAR de A Moscardeira” da CHMS.