Ata o 7 de febreiro estará aberta a inscrición no curso de monitor/a de actividades de tempo libre

A concellería de Mocidade, que dirixe Miguel Bouzó, informa que ata o 7 de febreiro estará aberto o prazo de inscrición para o curso de monitor/a de actividades de tempo libre.

No seu afán de ofrecer formación complementaria para facilitar o acceso ao mercado laboral, a concellería de Mocidade organiza e subvenciona este curso dentro da programación de Mocidade Viva.

Este curso desenvolverase sábados e domingos de febreiro, marzo e abril en horario de 9 a 14 horas e de 15:30 a 20:30 e ten un custe de 150€ coa opción de fraccionar o pago. No momento da inscrición serán informados/as dos días nos que se realizará.

As e os que rematen o curso recibirán unha titulación homologada e tamén o carné de manipulador/a de alimentos para o que tamén se formarán no marco deste curso.

As e os interesados en participar deberán realizar a inscrición no número de teléfono 986 660 765 ata o día 7 de febreiro.