
A concellería de Benestar Social, Mocidade e Igualdade convida a toda a veciñanza a visitar o posto que Asprodico instalará na rúa Oriente para vender os seus produtos artesás realizados durante o curso.
Este venres día 14 de decembro de 10 a 14 horas estarán diante do centro social para ofrecer orixinais propostas de agasallos de nadal no seu posto de exposición e venda deste obradoiro ocupacional do centro ASPRODICO.
“Paga a pena visitar o stand no que poderemos non só admirar o traballo realizado polo alumnado se non tamén mercar produtos útiles no día a día e mesmo agasallos diferentes para toda a familia”, explica Verónica Carrera, concelleira de Benestar Social.