ASPRODICO co mercado ambulante en pascua

PRENSAOs alumnos do Centro Municipal de discapacitados de Ponteareas, Asprodico, aproveitaron estas datas de Semana Santa para realizar a venda de produtos elaborados por eles mesmos, en diferentes clases de manualidades. Acompañados polos titores do Centro e pola concelleira de Servizos Sociais-atención primaria, Marisol Valado, colocaron o posto na rúa Oriente e estiveron inmersos no mercado ambulante, realizando prácticas de venda, explicacións dos produtos que eles mesmos elaboraron, o material empregado…, pero cabe destacar as conversas que foron entablando con todos os veciños e veciñas da vila, así como o ambente de amizade e colaboración que entre eles se mantiña, reforzando aínda máis ese vínculo que se ven entablando no día a día do obradoiro ocupacional. Os cartos recadados sérvelles a eles para poder costearse gastos extras que lles xurdan ao realizar actividades extraordinarias como excursións, saídas ao cine, comidas en diferentes datas do curso académico,… actividades que desta maneira non lles implican esforzos económicos para as familias dos usuarios. O alcalde, Salvador González Solla, consciente da necesidade de apoiar as persoas con discapacidade e as súas familias contempla en todo momento seguir facendo os esforzos municipais necesarios que garantan a continuidade deste centro municipal, Asprodico, así como as diferentes colaboracións que se fan con diversas entidades que traballan con colectivos con necesidades específicas. A concelleira xunto cos titores continúa planificando novos retos así como futuros proxectos que buscan a diversidade de talleres, así como reforzar as habilidades adquiridas e necesarias para a súa integración social.