A asociación deportiva Wudang de Ponteareas participa nun curso internacional de wushu con expertos de China

O evento tivo lugar en Ourense e achegáronse nove deportistas do colectivo na que intercambiaron coñecementos con catro profesores da federación chinesa.

Os mestres enviados ata Galicia supervisarán e ampliarán0 os coñecementos sobre este arte marcial orixinario de China dos alumnos e alumnas neste curso internacional. Nove foron os afortunados deportistas da A. D. Wudang de Ponteareas, que completaron con éxito os sete días de curso intensivo.

20160707_125858

Luis Argüelles, director da asociación, técnico e seleccionador galego na modalidade de taolu, cualificou “de éxito rotundo” esta cita onde deportistas de toda Galicia e doutras comunidades puideron aprender e mellorar destrezas da man dos profesores campións chineses.
A A.D. Wudang ven de acadar varios campionatos nacionais e internacionais e continúa “sen descanso” coa formación de deportistas de alto nivel, así como, doutras actividades e eventos.