A directiva da Asociación de Comerciantes Tea, ven de reunirse co alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla e maila concelleira de comercio, Marisol Valado, para presentar a 3ª Edición Da Feira de Oportunidades que se realizará o vindeiro sábado 9 de agosto, durante todo o día, nas rúas Oriente e Esperanza.
Nesta terceira edición da Feira de oportunidades que organiza a asociación participarán un total de 34 comercios. Todos os comercios do Concello foron invitados a participar nesta iniciativa, aunando entre os membros da asociación e os comercios interesados os esforzos por contribuir a dinamización desta proposta. Coma sempre, esta é unha cita imprescindible para os comercios de Ponteareas que desexan dar saída ao seu stock.
Na Feira de Oportunidades o cliente contará coma sempre con productos moi rebaixados, sendo moi fácil atopar productos de calidade a baixo prezo, que son o éxito deste evento e de referencia para os visitantes locais e turistas.
Un ano máis os comercios do Concello poderán transformar a súa mercancía acumulada en efectivo, que axude aos negocios para as vindeiras tempadas. Dado a gran afluencia de público, supón unha boa ocasión para darse a coñecer. A promoción da tenda é unha razón moi importante pola que moitos establecementos participan, pois dan a coñecer as súas marcas aos clientes e os valoran para futuras compras.
A Concelleira esta a apoiar este tipo de iniciativas, para que acade o éxito dos anos anteriores, e invítaos a visitar esta nova edición da Feira de Oportunidades, unha cita cos grandes descontos dos comercios locais.
Os visitantes interesados, poderán facer as súas compras, eademais, poderán deleitarse coa amenización dun grupo de jazz, coincidindo co 3º Festival de Jazz, que se celebrara os dias 8, 9 e 10 de agosto, proxecto no que se embarcou a asociación de hostalería de Ponteareas