As plantas do viveiro do cámping da Freixa adornan as rotondas de entrada a Ponteareas

dav

O alumnado do módulo de xardinería do obradoiro social de emprego plantou nas rotondas da entrada ao centro urbano as plantas que eles mesmos cultivaron no viveiro ubicado na cámping da Freixa.

Portulacas, petunias ou salvias, entre outras plantas, embelecen dende hoxe a nosa vila grazas ao bo traballo do alumnos e traballadores do obradoiro social de emprego.